
Kogito
30 Abril. 23.30h.
KOGITO... Penso... en... pasalo ben, montar festa e bailar.
Esa é a nosa proposta. Un consolidado grupo de dez compoñentes que saen á carreira con gañas de amosar un variado e divertido directo cheo de ska, punk-rock, reggae e mestizaxe, letras desenfadadas, certo ton de protesta, ritmos latinos cheos de percusión e melodías pegadizas vibrando nos metais preciosos que fan imposible evitar que o ritmo entre nos teus pés. ¿Serás capaz de manterte completamente inmóvil?
Despois duns cantos anos dunha intermitente traxectoria a banda logrou facer un directo no que se misturan a madurez dos temas cunhas tremendas gañas de festa e de verbena que queremos compartir con todos vós. A banda está formada por Isaac e Natxo (voces), Adrián, Txiwi e Miguel (ventos), Rubén (percusión), Saúl (batería), Juan (teclados e guitarra), Valen (guitarra) e Mario (baixo).